Os nosos resultados

Cruz Vermella leva desenvolvidos dende hai mais de 15 anos proxectos encamiñados á inserción e promoción no mercado laboral dos colectivos máis vulnerables. No actual contexto de crise económica e as cifras de paro rexistradas nos últimos anos, faise necesario aumentar os esforzos adicados a esta área. A pesar da situación, os nosos resultados continúan sendo moi positivos e avalan a profesionalidade dos nosos servizos.