Espazos de Busca Activa de Emprego - Galicia Suma. Cruz Vermella Galicia

Galicia Suma

Cruz vermella

Web oficial de Cruz Vermella Española en Galicia

Espazos de Busca Activa de Emprego

Os Espazos de Busca Activa de Emprego son espazos gratuitos dotados dos medios técnicos e humanos necesarios para realizar de xeito persoal a busca de emprego: información sobre como buscar emprego, seleccionar ofertas e informarse sobre cursos de formación.

Supón tamén un lugar de encontro para o intercambio de experiencias e información con outras persoas.

As persoas que acuden aos EBAEs teñen á súa disposición, no mesmo espazo: ordenadores con conexión a internet, unha impresora para poder actualizar o currículo cando sexa necesario, dispoñibilidade de liña telefónica para contactar con potenciais empregadores e empregadoras, un taboleiro de anuncios actualizado diariamente coas ofertas existentes…

Estes espazos están xestionados por persoal técnico e voluntario que asesora, acompaña, resolve consultas, realiza obradoiros… Encárgase de detectar necesidades e traballar as posibles barreiras que poden atopar as persoas que se dirixen ao espazo no seu proceso de busca de emprego.