Metodoloxía de traballo

Cando unha persoa chega aos nosdos Servizos de Emprego, acompañámola na busca do mesmo de xeito persoalizado para axudarlle a definir as súas fortalezas, coñecer as súas necesidades formativas, como afrontar procesos de selección, etc. Toda esta información permítenos deseñar o itinerario de inserción laboral máis axeitado para cada unha das persoas.
Dende Cruz Vermella desenvolvemos un amplo abano de actuacións para poder abordar aquelas dificultades que poden estar a impedir o acceso ao emprego daquelas persoas con maiores dificultades para incorporarse ao mesmo.
Orientación laboral
Apoiamos de xeito continuo ás persoas na elaboración, posta en marcha e desenvolvemento do seu proxecto profesional. Nas sesións de orientación grupais ou individuales, realizamos:
- Asesoramento para o establecer o seu obxectivo profesional, a partir da análise da realidade persoal (intereses, habilidades, actitudes, formación e experiencia) e do mercado laboral local.
- Información sobre recursos, posibilidades formativas, técnicas de busca de emprego, lexislación laboral, etc.
- Apoio e tutorización permanente na toma de decisións ao longo da carreira profesional, dende as accións que facilitan o acceso ao emprego ata as que permiten mantelo ou promocionar profesionalmente.
Formación e cualificación profesional
Formarse é o mellor xeito de mellorar a empregabilidade. Os nosos obradoiros cubren todos os aspectos:
- Formación prelaboral, dirixida a potenciar os hábitos laborais e as habilidades e coñecementos transversais a diferentes postos de traballo: responsabilidade, actitudes e capacidades necesarias para traballar en equipo, nocións básicas de seguridade e hixiene, iniciación ás novas tecnoloxías…
- Capacitación profesional, dirixida a facilitar ás persoas participantes os coñecementos teórico-prácticos que demanda o tecido empresarial para o desempeño dunha función en concreto.
Intermediación
Para facilitar a conexión entre as persoas que buscan emprego e as empresas que necesitan traballadores e traballadoras contamos cun equipo de profesionais que se encargan de mediar entre oferta e demanda:
- Realizamos preselección de candidaturas para cubrir las necesidades empresariais.
- Levamos a cabo un seguimento posterior a la contratación que garanta a axeitada incorporación ao posto.