Empresas colaboradoras

Grazas á financiación aportada por el Fondo Social Europeo, as administracións públicas autonómicas, as contribucións de empresas privadas e os fondos propios de Cruz Vermella, os Servizos de Emprego préstanse de xeito gratuíto.
As empresas que queran colaborar con nós ou simplemente solicitar profesionais, tan só teñen que poñerse en contacto coa oficina máis próxima. O persoal técnico dos Servizos de Emprego porase á súa disposición e adaptará os procedementos de traballo ás particularidades de cada empresa para establecer unha colaboración fácil e cómoda.
Como pode colaborar a súa empresa?
- Apoiando a formación específica das persoas: Deseñando un plan de formación para adaptar a cualificación do persoal ás necesidades reais das empresas
- Proporcionando prácticas formativas: Ademáis de mellorar a cualificación do alumnado, as prácticas permiten ás empresas analizar as potencialidades de posibles profesionais cos que poderán contar no momento que necesiten aumentar os seus cadros de persoal.
- Impartindo charlas formativas: Deste xeito as empresas achegan aos participantes do Plan de Emprego a súa filosofía e maneira de traballar.
- Facendo ofertas de emprego: O traballo ofrecido polas empresas é a peza fundamental que pemite acadar o acceso, mantemento e promoción no mercado laboral de todas as persoas.
- Doando equipamento: Para que os nosos participantes se incorporen ás prácticas non laborais deben ir correctamente equipados polo que diferentes empresas poden colaborar na adquisición deste material.
- Sensibilización aos Recursos Humanos da empresa: Desde a dirección e xerencia das empresas pódense promover accións de sensibilización fomentando a igualdade de oportunidades e a non discriminación.
- Colaborando na difusión dos nosos proxectos: A través dos canles de comunicación e redes sociais das empresas.
- Sendo exemplo de empresa responsable: A difusión por parte das empresas das súas políticas de Responsabilidade Social contribúe a facer un mercado laboral máis flexible.
Queremos escoitar as tuas propostas: galicia@cruzroja.es