Galicia Suma

Cruz vermella

Web oficial de Cruz Vermella Española en Galicia

Como traballamos coas persoas

Dende o inicio da crise económica, o mercado de traballo español acumulou un profundo deterioro como consecuencia da continúa caída do emprego asalariado no sector privado e a reducción do emprego público.

De forma paralela, a poboación activa tamén se reduciu. Moitas persoas que xa antes da crise estaban en situación de vulnerabilidade deixaron de buscar activamente emprego, desmotivadas por un contexto tan desfavorable.

Por iso, os nosos obxectivos en relación con emprego cobran unha especial vixencia nesta época de profunda e prolongada crise socioeconómica, cando son moitas as persoas con dificultades para acceder ao mercado de traballo. Nestos momentos faise especialmente necesario traballar con aqueles que o teñen máis difícil: mozos e mozas, persoas maiores de 45 años, mulleres que permaneceron tempo alonxadas do mercado laboral, desempregados de longa duración, persoas inmigrantes, sobre todo mulleres inmigrantes...

A crise económica supuxo ademais unha precarización do emprego e un endurecemento das condicións laborais, que están afectando moi especialmente ás persoas en situación de dificultade social. 

Oportunidades que cambian vidas