Galicia Suma

Cruz vermella

Web oficial de Cruz Vermella Española en Galicia

Metodoloxía de traballo

Cando unha persoa chega aos nosdos Servizos de Emprego, acompañámola na busca do mesmo de xeito persoalizado para axudarlle a definir as súas fortalezas, coñecer as súas necesidades formativas, como afrontar procesos de selección, etc. Toda esta información permítenos deseñar o itinerario de inserción laboral máis axeitado para cada unha das persoas.

Dende Cruz Vermella desenvolvemos un amplo abano de actuacións para poder abordar aquelas dificultades que poden estar a impedir o acceso ao emprego daquelas persoas con maiores dificultades para incorporarse ao mesmo.

Orientación laboral

 Apoiamos de xeito continuo ás persoas na elaboración, posta en marcha e desenvolvemento do seu proxecto profesional. Nas sesións de orientación grupais ou individuales, realizamos:

  • Asesoramento para o establecer o seu obxectivo profesional, a partir da análise da realidade persoal (intereses, habilidades, actitudes, formación e experiencia) e do mercado laboral local.
  • Información sobre recursos, posibilidades formativas, técnicas de busca de emprego, lexislación laboral, etc.
  • Apoio e tutorización permanente na toma de decisións ao longo da carreira profesional, dende as accións que facilitan o acceso ao emprego ata as que permiten mantelo ou promocionar profesionalmente.

Formación e cualificación profesional

Formarse é o mellor xeito de mellorar a empregabilidade. Os nosos obradoiros cubren todos os aspectos:

  • Formación prelaboral, dirixida a potenciar os hábitos laborais e as habilidades e coñecementos transversais a diferentes postos de traballo: responsabilidade, actitudes e capacidades necesarias para traballar en equipo, nocións básicas de seguridade e hixiene, iniciación ás novas tecnoloxías…
  • Capacitación profesional, dirixida a facilitar ás persoas participantes os coñecementos teórico-prácticos que demanda o tecido empresarial para o desempeño dunha función en concreto.

Intermediación

Para facilitar a conexión entre as persoas que buscan emprego e as empresas que necesitan traballadores e traballadoras contamos cun equipo de profesionais que se encargan de mediar entre oferta e demanda:

  • Realizamos preselección de candidaturas para cubrir las necesidades empresariais.
  • Levamos a cabo un seguimento posterior a la contratación que garanta a axeitada incorporación ao posto.