Galicia Suma

Cruz vermella

Web oficial de Cruz Vermella Española en Galicia

Reto Social Empresarial

Cruz Vermella considera ás empresas un socio clave para a inserción de todas as persoas no mercado laboral, a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Corporativa e, en concreto, para unha correcta xestión da diversidade, algo que pode repercutir positivamente non só na xestión dos seus Recursos Humanos senón tamén nas relacións cos seus grupos de interese e das suas oportunidades de negocio.

Colaborando cos nosos Servizos de Emprego as empresas poden atender as súas necesidades de persoal, ao incorporar aos seus cadros de persoal a traballadores e traballadoras de diferentes realidades sociolaborais e materializar a súa responsabilidade cunha sociedade máis xusta e cohesionada.

Que ofrece Cruz Vermella ás empresas?

  • Análise de necesidades: apoiando ás empresas na identificación das súas necesidades de recursos humanos, ofrecéndolles solucións persoalizadas.
  • Preselección de candidaturas para cubrir ofertas de emprego: ante as ofertas de emprego das empresas, Cruz Vermella preselecciona profesionais cun perfil persoal e laboral que encaixa cos requerimentos empresariais. Para iso, contamos cunha aplicación informática on-line, que realiza un primeiro filtro e axiliza o proceso, xunto cun equipo humano técnico que, a través de entrevistas individuais, escolle ás persoas máis axeitadas para cada posto de traballo.
  • Profesionais cualificados: as persoas preseleccionadas por Cruz Vermella reciben unha formación prelaboral (responsabilidade laboral, traballo en equipo, seguridade e hixiene…) que lles facilita a incorporación ao posto de traballo e reduce o tempo de adaptación á dinámica da empresa. Nalgúns casos estas persoas recibiron, ademais, unha formación profesional adaptada para desempeñar os postos de traballo que requiren unha cualificación específica.
  • Asesoramento e seguimento persoalizado: Cruz Vermella está permanentemente a disposición das empresas para asesorarlles en diferentes aspectos laborais, como incentivos e axudas á contratación, tramitación da documentación de persoas estraxeiras, formación e sensibilización de responsables de persoal. Ademais, tras cada proceso de selección, Cruz Vermella mantén un seguimento permanente tanto coa empresa como coa persoa contratada para garantir a axeitada satisfacción das dúas partes.