Galicia Suma

Cruz vermella

Web oficial de Cruz Vermella Española en Galicia

Responsabilidade Social Empresarial

A Responsabilidade Social Empresarial defínese como a participación activa e voluntaria da empresa na resolución de problemas colectivos a través do control do impacto económico, social e ambiental das súas actividades.

Esta participación baséase no diálogo, no consenso e o compromiso de todos os axentes sociais de compartir un conxunto de valores comúns e aplicalos nas súas actividades. Estes principios son: xusticia, igualdade (de dereitos, obligacións e oportunidades), sostenibilidade social e preservación do medio ambiente.

Por que é importante?

A RSE consiste, basicamente, en conservar o beneficio empresarial e obter unha vantaxe competitiva creando unha boa reputación e obtendo a confianza das persoas que traballan para a empresas e o viven preto dela.

Os clientes queren ter proveedores fiables, recoñecidos pola calidade dos seus productos e servizos. Os proveedores desexan vender a un cliente que compre de xeito continuado e pague puntualmente. A comunidade desexa saber que a empresa actúa dun xeito social e medioambiental consecuente. E, por último, os traballadores e traballadoras desexan estar nunha empresas da que poidan estar orgullosos e que valore a súa contribución.

En que consiste?

A RSE non é algo novo, a meirande parte das empresas, sobre todo as máis pequenas, sempre estiveron preto da súa comunidade e intentaron ser bos membros desta dende que naceu o comercio.

Na realidade, moitos empresarios e empresarias saben, de xeito instintivo, que actuar de forma correcta é satisfacer aos clientes, motivar aos traballadores, preocuparse polos proveedores, ser un bo membro da comunidade y protexer o medio ambiente. Nos últimos anos, non obstante, apareceron outros motivos para ser responsables, como a esixencia de transparencia por parte dos clientes, a actual situación de crise económica, etc.

Para seguir sendo competitivas, as empresas deben adaptarse a estas novas demandas do mercado e da sociedade na que actúan. O carácter dunha pyme, máis flexible e persoal, permite que poida responder con maior rapidez a estes cambios e advertir antes as oportunidades que ofrece o mercado.