Galicia Suma

Cruz vermella

Web oficial de Cruz Vermella Española en Galicia

III Foro Empresa Responsable

Facilitar o acceso das pemes á Responsabilidade Social Empresarial e fomentar o debate sobre  o emprego responsable foron algúns dos obxectivos do III Foro Empresa Responsable. O encontro contou con expertos en Responsabilidade Social Empresarial, dirección de persoas e emprego que aportaron claves para achegar as pemes galegas á RSE e propiciar un cambio positivo nas organizacións.

Esta iniciativa, que acadou xa a súa terceira edición consecutiva, está organizada por Cruz Vermella en Galicia coa colaboración da Escola de Negocios Afundación de IESIDE e conta co apoio, para o período 2016-2019, do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e de Fondo Social Europeo a través do POISES, Programa Operativo de Inclusión Social y economía Social. Emprego: un reto de futuro é o lema escollido para esta terceira edición, que se celebrou este xoves 3 de novembro no auditorio de Afundación de A Coruña.

O programa do foro inclueu ponencias, entrevistas e debates cun formato interactivo deseñado para propiciar a participación de todas as persoas asistentes. Roberto Rodríguez, HR Director de Másmovil, abriu a xornada cunha ponencia titulada Todos temos dereito a ter un bo xefe. Esther Trujillo, asesora de empresas no ámbito de la RSE, abordou Algunhas claves para a responsabilidade persoal e organizacional. Idoia de Paz, directora de consultoría de Recursos Humanos de Deloitte analizou os datos do informe Human Capital Trends 2016 nunha intervención centrada nas tendencias que cambiarán o futuro da xestión das persoas.

A xornada completouse con duas sesións de coloquio sobre o futuro do emprego e a análise de situacións concretas que se plantean no ámbito da RSE, ademáis de presentar experiencias de persoas participantes do Plan de Emprego de Cruz Vermella.

Podes descargar as ponencias nos seguintes enlaces: